.png)
34 iniciativas empresariais que contribúen á competitividade e xeración de emprego a través de modelos de desenvolvemento sostible.
O Grupo Español de Crecimiento Verde (GECV) presentou en outubro 2020 a publicación “34 Casos de Economía Verde”. Este compendio presenta 34 iniciativas empresariais que contribúen á competitividade e xeración de emprego a través de modelos de desenvolvemento sostible.
O conxunto de casos engloba empresas españolas de distintos tamaños e sectores de actividade e divídense en dous grupos: iniciativas de carácter interno que mostran a evolución das organizacións cara a unha economía baixa en carbono e, en segundo lugar, a oferta de novos produtos e servizos que responden as oportunidades emerxentes do crecemento verde.
No segundo grupo atópase Zero, a plataforma dixital desenvolvida por Teimas que facilita o control dos residuos xerados en grandes corporacións, favorecendo a trazabilidad, fluxo de información, cumprimento normativo e o impulso de negocios sostibles.