Contribuír ao coidado do medioambiente forma parte da nosa visión como empresa, materializado a través de proxectos tecnolóxicos como Zero. Esta plataforma foi seleccionada en 2020 pola comunidade #PorElClima como exemplo de iniciativa empresarial contra o cambio climático.
Ademais, no ámbito internacional, a fundación suíza Solar Impulse recoñeceu Zero como unha solución tecnolóxica limpa que axuda a cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible número 9 (“Industria, innovación e infraestrutura”) e 12 (“Produción e consumo responsables”).