Como che axuda Teixo a cumprir coa nova Lei de Residuos

Teixo é o software para xestión de residuos empregado por máis de 700 centros xestores en España. Contámosche como che permite estar ao día coa normativa vixente e realizar 5 tarefas fundamentais para todo profesional da xestión de residuos.

A entrada en vigor da nova Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular supón o maior cambio de lexislación de residuos dos últimos anos en España. Con ela, a normativa de residuos española adáptase aos obxectivos derivados das directivas comunitarias para avanzar nunha política de residuos que, aplicando de maneira rigorosa o principio de xerarquía, contribuirá a unha maior sustentabilidade e a implantación de modelos económicos circulares.

Como poñerse ao día con esta normativa?

Se es axente, negociante ou xestor de residuos, en TEIMAS poñemos á túa disposición unha guía gratuíta sobre os aspectos máis relevante sobre a nova lei. Pero, ademais, ofrecémosche unha plataforma dixital que axiliza a xestión documental e facilita o cumprimento normativo. En España emprégana máis de 700 centros xestores, chámase Teixo e trátase dun software especializado en xestión de residuos.

Teixo permíteche estar ao día coa normativa vixente e realizar 5 tarefas fundamentais para todo profesional da xestión de residuos:

1. Cumprir cos prazos máximos

A nova Lei 7/2022 mantén uns prazos máximos para almacenar os residuos. Teixo axúdache a cumprir cos tempos máximos de almacenamento que indica a Lei. Ademais, poderás automatizar a creación de etiquetas e identificar correctamente os residuos almacenados.

2. Identificar os residuos perigosos

Os recipientes ou envases que conteñan residuos perigosos deberán estar etiquetados de forma clara e visible, lexible e indeleble. Crearás con Teixo as etiquetas para identificar os recipientes ou envases dos residuos que almacenas na túa instalación ou entregas ao teu cliente ou provedor.

3. Xerar e tramitar a documentación de residuos

Como ata o de agora, deberás dispoñer de diferente documentación (contratos de tratamento, notificacións de traslado, documentos de identificación, etc.) e facilitarlla ao produtor ou posuidor inicial dos residuos.

Con Teixo poderás xerar toda a túa documentación ambiental en formatos sempre actualizada e tramitala directamente con todas as plataformas autonómicas (GAIA, de Galicia, SIACAN de Cantabria, IKS-eeM do País Vasco, a plataforma de Navarra, PDR de Aragón, SDR de Cataluña, SINGER de Baleares, ADCR da Comunidade Valenciana, Augi@s e SIRA de Andalucía, INDA de Castela a Mancha, a plataforma de Madrid e eDCS de Castela e León) ou coa plataforma do Ministerio (e-SIR).

Ademais, Teixo tamén tramita documentación de traslado de residuos coas comunidades autónomas que non dispoñen de plataforma propia, a saber: Asturias, A Rioxa, Murcia, Canarias e Estremadura, así como coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

4. Axilizar a preparación da memoria anual

Como ata o de agora, deberás dispoñer dun arquivo cronolóxico e a memoria anual antes do 1 de marzo do ano posterior. Ademais, a nova Lei amplía esta obriga ás entidades e empresas que transportan residuos perigosos con carácter profesional ou actúan como negociantes e axentes de residuos perigosos.

Non importa se es xestor, axente, negociante ou transportista: con Teixo poderás xerar o arquivo cronolóxico, así como axilizar a obtención dos datos necesarios para cubrir a memoria anual.

Ademais, permíteche crear certificados, informes comerciais e informes ambientais.

5. Xerar e envíar DIs ao produtor

Se es negociante, deberás acreditar ante o produtor ou posuidor inicial o tratamento completo do residuo, así como xerar un DI para acompañar o traslado dos residuos.

Teixo permíteche xerar o DI para realizar o traslado de residuos. Ademais, poderás acreditar o tratamento dos residuos compartindo co produtor ou posuidor inicial o documento por vía telemática.

Tamén poderás esquecerte do papel e dispoñer en todo momento do DI grazas á aplicación móbil de Teixo (App Teixo Logística).

A través desta solución desenvolvida por TEIMAS, expertos en software para xestión de residuos, poderás cumprir coa normativa, evitar sancións e aforrar tempo e diñeiro.

Interésache? Solicita unha demostración de Teixo sen compromiso co noso equipo.

Quero máis información sobre Teixo.

Data
11/4/22
Categoría
Normativa
Etiquetas
Compartir en
NOTICIAS

Subscribirse á newsletter

Queres recibir as nosas noticias na túa bandeixa de entrada?