O futuro da xestión de residuos pasa pola dixitalización

A dixitalización da cadea de valor do residuo é clave para xerar valor. Miguel Varela reflexiona aquí sobre os últimos cambios normativos a nivel europeo e o novo modelo de desenvolvemento que aposta pola neutralidade climática e a transformación dixital.

Este é un texto dentro dun bloque div.

Non contamos nada novo se decimos que esta década que comeza de forma convulsa se apoia en dous piares fundamentais:a dixitalización e a sustentabilidade. Para mostra, as palabras da presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen“Os retos da nosa xeración, as transicións “irmás” dixital e verde, son máis urxentes agora que ao inicio da crise da COVID-19”.

O marco estratéxico é máis que favorable para reorientar o futuro do vello continente dando paso a un novo modelo de desenvolvemento que aposta pola neutralidade climática e a transformación dixital das actividades. Aí temos o Green Deal , o Plan de Acción de Economía Circular ou o Plan Industrial Verde europeos.

A velocidade á que se desenvolven as tecnoloxías de dixitalización, tratamento e explotación dos datos abren novas oportunidades en sectores tradicionalmente máis clásicos. Este é o caso da cadea de valor do residuo, unha actividade na que a aplicación das tecnoloxías da información expón un horizonte disruptivo e de crecemento enorme.

Todos os actores da cadea, desde organizacións que producen e xeran residuos como resultado da súa actividade ata outras que xestionan estes recursos, teñen no software e a tecnoloxía uns aliados de primeira orde para xerar valor, reducir emisións de gases de efecto invernadoiro, minimizar os seus riscos ambientais e optimizar os seus recursos, dando como resultado organizacións máis competitivas, rendibles e positivas medioambientalmente.  

O tsunami normativo europeo relacionado co vector residuos tampouco é menor. O control da rastrexabilidade do residuo vólvese cada vez máis rigoroso e estrito, desde a orixe ata o tratamento final. Aumentan tamén as obrigacións aos produtores do residuo, que deben garantir unha correcta xestión do mesmo. Iso sen contar as presións de consumidores e dos mercados.  

Tendo en conta todos estes ventos favorables a pregunta é ¿En que estado se atopa a dixitalización da cadea de valor do residuo?  

Dixitalización do sector residuos a escala país: o caso español.  

O Congreso Nacional de Medio Ambiente (CONAMA ) é un evento que promove un diálogo aberto para fomentar o desenvolvemento sostible en España e Latinoamérica. Este foro, sen dúbida o máis importante en canto a sustentabilidade nos países hispanofalantes, celebrou o seu 30 aniversario durante o ano 2022.  

Nesta edición, TEIMAS coordinou un comité técnico no que participaron máis de 30 profesionais e expertos do sector coa idea de analizar o estado da dixitalización do vector residuos desde unha perspectiva global, isto é, tendo en conta os distintos axentes que interveñen en todo o ciclo do residuo: produtores, xestores, administración e sistemas de responsabilidade ampliada.  

Para apoiar este traballo, desde TEIMAS levaron a cabo dous estudos, un relacionado coa dixitalización da xestión e tratamento de residuos e outro centrado na produción dos mesmos en empresas españolas.

Os xestores de residuos foron o axente central no proceso de dixitalización do residuo, investindo en ferramentas software para automatizar procesos como o control da rastrexabilidade do residuo, a relación cos clientes, a organización de roteiros de retirada ou a xeración de documentación normativa. A pesar dos evidentes beneficios ambientais e económicos da dixitalización, sorprende comprobar que menos do 30% das empresas enquisadas, sobre un total de 508, utilizaban un software especializado para a súa actividade.  

No caso das empresas produtoras de residuos, consultáronse 265 grandes corporacións, só o 16% destas afirman dispoñer dunhasolución software específica para o control dos residuos producidos nos distintos puntos nos que operan.  

As causas máis habituais para a non dixitalización están relacionadas coa falta de recursos económicos, a escasa percepción de necesidade, a priorización doutros proxectos máis urxentes, a externalización de parte das súas necesidades ou o uso doutras solucións dixitais como as follas de cálculo para levar o control do vector residuos.  

A xestión de residuos intelixente e a economía circular serán dixitais ou non serán

Como podemos comprobar, a transformación dixital da cadea de valor do residuo presenta moita marxe de mellora. O mundo está a cambiar cada vez máis rápido e os paradigmas que dabamos por sentado cambian a medida que a tecnoloxía avanza. Como exemplos a popularización da intelixencia artificial por medio de ferramentas como GPT Chat ou as potencialidades da computación cuántica ao virar a esquina.

Difícil falar de industria 4.0 ou 5.0, internet das cousas, blockchain ou intelixencia artificial se os actores da cadea de valor do residuo están, aínda, nun estado 2.0 de dixitalización. Un sector como o do residuo, tan importante en canto a potencial de mitigación do cambio climático e a protección da saúde das persoas,non pode permitirse perder o tren das tecnoloxíase para iso debe abordar un proceso de transformación dixital global.

O excel xa non o aguanta todo.É o momento de poñer as capacidades do software ao servizo dunha xestión intelixente, que mellore a calidade de datos, que automatice o control dos fluxos de información e da rastrexabilidade, pedra angular do residuo, que favoreza o cumprimento da normativa e, sobre todo, que permita extraer coñecemento de calidade para elaborar políticas de residuo cero, de economía circular e de mitigación do cambio climático.  

Aumentan as esixencias dos mercados e das persoas: xa non chega con parecer verde senón que hai que selo. O novo escenario esixe empresas sostibles e respectuosas co medio ambiente. Organizacións que vaian máis aló do mínimo imprescindible ambiental e sexan conscientes do seu papel nesta nova orde mundial. Un cambio de paradigma que supere o actual “problema dos residuos” por “a oportunidade dos recursos” por medio da dixitalización.  

Data
3/3/23
Categoría
Tecnoloxía
etiquetas
compartir en
NOTICIAS

Subscribirse á newsletter

Queres recibir as nosas noticias na túa bandeixa de entrada?