Menos do 10% das empresas españolas contan cun programa específico sobre saúde mental

Segundo os datos achegados por Mentiness, a plataforma en liña para previr e coidar a saúde mental no ámbito laboral, menos do 10% das empresas españolas contan cun programa específico sobre saúde mental.

A duración media das baixas por saúde mental sitúase entre 9 e 12 meses o que supón un enorme custo directo.

Unha xestión precisa sobre as persoas e o seu coidado na contorna laboral axuda a reducir os custos directos e indirectos por saúde mental nas organizacións.

Unha análise realizada por Mentiness e baseado en 150 entrevistas a grandes e medianas empresas estima que só o 40% das organizacións españolas miden o clima laboral una ou dúas veces ao ano, e menos do 10% desenvolven estudos sobre o estado do benestar emocional dos seus colaboradores.

Falar de saúde mental nas empresas é algo moi relacionado con outros temas como o compromiso, a cultura ou o clima. Non son temas independentes que se teñan que tratar en contextos diferentes, xa que as dificultades de saúde mental ou benestar afectan á organización e a súa cultura, e viceversa.

Na actualidade, hai un cambio no modelo de traballo e da empresa que tende a centrarse máis nas persoas, polo que conceptos como o salario emocional ou a satisfacción, comezan a ser tendencia. En opinión de Javier Serrano, CEO de Mentiness: «Ofrecer solucións para mellorar a saúde mental nas empresas é parte da normalización que ocorreu durante os dous últimos anos. Hai menos estigma, fálase máis diso e as persoas piden axuda psicolóxica antes que en pre-pandemia».

A experiencia de Mentiness, a plataforma en liña para previr e coidar a saúde mental no ámbito laboral, reflicte que para as empresas máis pequenas ou startups os retos aos que se enfrontan están moi relacionados cun crecemento rápido, o teletraballo ou a dificultade para atraer talento. Para este tipo de organizacións, a resposta debe centrarse en ensinar estratexias de prevención e crear cultura de benestar desde a base.

Respecto ás grandes compañías detectáronse desafíos relacionados coa xestión de equipos amplos, de alcance internacional ou situados en distintos puntos xeográficos, ademais da retención de perfís técnicos ou o liderado transformacional. Neste sentido, a plataforma ofrece solucións para predicir que perfís teñen máis risco, coñecer retos en distintos departamentos ou sedes e ofrecer unha solución para toda a empresa completamente adaptada.

A proposta de Mentiness parte da idea de que a tecnoloxía pode previr os problemas de saúde mental ofrecendo datos e ferramentas para construír a estratexia de benestar das organizacións. As súas solucións inclúen métricas para avaliar o estado de benestar do empregado e a empresa, formación para directivos e sesións individuais con profesionais da psicoloxía e o coaching.

Impacto directo e indirecto

Mentiness tamén mediu o impacto directo e indirecto de non coidar a saúde mental, tanto nas persoas como na propia organización. Neste sentido, confirman que a duración media das baixas por calquera tema de saúde mental sitúase entre 9 e 12 meses, o que supón un enorme custo directo. Con todo, detectar o problema e poñerlle solución antes de cursar unha baixa ou rotación implica eliminar directamente este custo.

Respecto a os custos indirectos de maior impacto obsérvase a redución da produtividade, o descenso nos indicadores de innovación, o empeoramento do clima laboral e a imaxe da empresa ademais de aumentar as dificultades para atraer ou reter talento… Estas contías van máis aló da persoa afectada, e teñen impacto negativo no grupo e na organización.

O caso de éxito de TEIMAS

TEIMAS é unha organización española que se dedica ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras e eficientes para dixitalizar a cadea de valor do residuo e impulsar a economía circular e a sustentabilidade. Desde que empezan a traballar na organización, os 42 empregados de TEIMAS -incluído o CEO e os directores de área- seguen o programa de Mentiness para previr e coidar a saúde mental na contorna laboral.

Esta plataforma ofrece ao empregado unha atención en liña e semanal mediante a cal as persoas poden facer un seguimento a través de tres piares fundamentais: o estrés, a satisfacción persoal e a satisfacción laboral. Doutra banda, a empresa obtén tamén métricas en relación ao estado da súa cultura, compromiso ou clima nos distintos equipos. En función da demanda e necesidade da persoa, a atención complétase con sesións individuais cun psicólogo.

Á súa vez, TEIMAS recibe as métricas semanalmente para analizar os resultados da saúde mental do seu persoal de forma grupal e poder tomar decisións sobre os tres aspectos analizados, entre os que se inclúen a felicidade, a calidade de vida, a xestión emocional, a satisfacción laboral (extrínseca e intrínseca), o benestar xeral, a conciliación familiar e a igualdade. Toda esta información que obtén a empresa é sempre anónima, sen posibilidade de identificar a cada persoa.

Para Tamara Cutrín, esponsable de Persoas e Cultura en TEIMAS: «O acordo é moi positivo porque nos proporciona unha xestión máis precisa sobre as persoas e as ferramentas necesarias para o seu coidado. A nivel empresarial, unha boa saúde mental dos nosos empregados contribúe a xerar un clima laboral harmonioso, fortalecendo a identidade e a cultura da empresa». «Tamén nos axuda a previr os nocivos problemas derivados dunha mala saúde mental como a depresión, o desequilibrio no sono, os fallos na memoria ou a baixa autoestima, entre outros», conclúe.

Data
11/7/22
Categoría
Sala de prensa
Etiquetas
Compartir en
NOTICIAS

Subscribirse á newsletter

Queres recibir as nosas noticias na túa bandeixa de entrada?