Ofertas de emprego

Director/a de Marketing y Comunicación

15 xuñ. 2021: SDR

Queres unir sustentabilidade e vendas?

En TEIMAS fabricamos tecnoloxía Software as a Service (SaaS) que beneficia ao medioambiente, a sociedade e a saúde das persoas. Unirasche a un equipo dinámico de máis de 25 persoas, con oficinas en Santiago de Compostela, que leva 12 anos transformando dixitalmente o sector da reciclaxe, a xestión de residuos e a economía circular.

Como membro do equipo de vendas da plataforma ZERØ, a túa misión será a xeración de leads con clientes potenciais facilitando a súa canalización á Dirección Comercial, quen dará continuidade ao proceso mediante demostracións de produto. Desta forma contribuirás ao crecemento comercial da empresa e os produtos, achegando o teu granito de area para conseguir un mundo máis sustentable.

Algunhas actividades que terás que facer:

  • Analizar a base de datos de clientes potenciais.
  • Buscar proactivamente información relevante dos potenciais para realizar o contacto adecuado.
  • Facer prospección para presentar a empresa e o produto.
  • Comunicar os posibles beneficios da plataforma tecnolóxica para o cliente.
  • Alimentar os sistemas de información asociados á posición (CRM).
  • Identificar oportunidades de mellora nos teus procedementos de traballo co fin de ir incrementando a túa propia produtividade (como complemento á formación, tutela, orientación e acompañamento que terás por parte dos especialistas en produtos e clientes).

O que esperamos do teu perfil:

  • 1 ano de experiencia como SDR e/ou comercial.
  • Actitude de 'podo facelo'.
  • Grandes habilidades de comunicación verbal e escrita.
  • Gústache buscar solucións e tomar iniciativas.
  • Enerxía e entusiasmo (e capacidade de transmitilo por teléfono e correo electrónico).
  • Nivel de Inglés alto (equivalente C1).
  • Residencia en Santiago ou arredores.
  • Outras que suman: outros idiomas, interese en tecnoloxía e medioambiente.

Condicións:

  • TEIMAS é unha empresa en crecemento. Por tanto, ofréceche a posibilidade de entrar no ciclo de vendas e todas as posibilidades que leva.
  • Salario entre 14.000 e 17.000 euros fixos, dependendo da experiencia, potencial e logros demostrados. Ademais, terás un incentivo polos resultados.
  • Contrato dun ano, incluíndo un período de proba, con vocación de continuidade a longo prazo.
  • Traballo en remoto mentres continúe o contexto Covid. Despois trabállase desde a oficina en Santiago, aínda que existen opcións de teletrabajo parcial.
  • Ambiente de traballo san, dinámico e orientado ás persoas.

Apetéceche? Se é así, envía CV (ou perfil de linkedin) e unhas liñas sobre a túa motivación e capacidades a empleo@teimas.com


Director/a de Marketing y Comunicación

20 mai. 2021: Director/a de Marketing e Comunicación

Quen somos?

Somos TEIMAS e fabricamos tecnoloxía que beneficia ao medioambiente, axuda ao progreso da sociedade e protexe a saúde das persoas. Somos un equipo dinámico de máis de 25 persoas, con oficinas en Santiago de Compostela que leva 12 anos transformando dixitalmente o sector da reciclaxe, a xestión de residuos e a economía circular.

Que facemos?

Construimos productos SaaS para empresas da cadea de valor do residuo: produtores, xeradores, recolledores, transportistas, xestores, tratadores, etc. Os nosos dous produtos principais, Teixo e ZERØ, diríxense a distintas tipoloxías de empresa dentro desta cadea de valor. Na actualidade, 500 centros xestores de residuos e 10 multinacionais traballan con estas ferramentas.

Estamos nun moi bo momento. Dixitalización e sostibilidade son dous conceptos chamados a liderar esta nova década, e disto sabemos moito en TEIMAS. Temos definido un ambicioso plan estratéxico a 4 anos para despregar todo o noso potencial a nivel nacional e internacional e precisamos de ti para elo.

Os retos

Buscamos unha persoa con experiencias destacadas en estratexia, comunicación e marketing a nivel nacional e internacional. Agardamos de ti unha dobre contribución: unha máis operativa que axude a aumentar as vendas dos nosos produtos e outra máis aspiracional orientada a incrementar a notoriedade de TEIMAS. Traballarás con dúas personas no teu equipo e cun orzamento propio reportando ao CEO, sendo estes os retos:

  • Definir e aplicar a estratexia de marketing, comunicación y promoción de marca da empresa e dos seus produtos 2021-2024.
  • Visibilizar a empresa e tamén as persoas que a conforman. TEIMAS debe proxectar unha imaxe excelente e consolidar a súa reputación.
  • Acadar notoriedade e aumentar o peso relacional da compañía con distintos grupos de interese.
  • Analizar o mercado, identificar e dirixirse a posibles clientes xerando oportunidades e leads para o equipo de negocio.
  • Colaborar coa dirección na definición da estratexia empresarial.
  • Contribuir ao posicionamiento de TEIMAS no ecosistema de fondos europeos así como identificar oportunidades de participación en foros I+D nos nosos ámbitos de especialización.
  • Representar á compañía en eventos, foros, etc.

O que agardamos do teu perfil

É importante ter experiencias de éxito nos obxectivos da posición, con especial valor se tes realizado estas actividades en solucións SaaS, e ademáis esperamos que o teu perfil profesional se achegue moito ao que buscamos.

  • Crer no noso propósito: beneficiar ao medioambiente, axudar ao progreso da sociedade e protexer a saúde das persoas.
  • Ilusión por vivir os valores que comparte o noso equipo: respecto, equipo e persoas, éxito do cliente, honestidade, responsabilidade e non conformismo.
  • Agardamos unhas habilidades directivas demostradas en canto a liderazgo, organización e toma de decisións baseadas nos datos e a análise.
  • Internacional: buscamos unha persoa con nivel moi alto en inglés e que contribua á expansión internacional da compañía.
  • O entusiasmo por traballar en TEIMAS e facernos medrar será un factor moi importante na nosa valoración.
  • Formación en grado e posgrado relacionada.

Podemos ofrecerte retos e outros beneficios

Participarás no crecemento dunha empresa con vocación internacional e que contribue a protexer o medio ambiente e a saúde das personas, pero además terás outros beneficios:

  • Non hai teito: canto máis medre TEIMAS máis poderás medrar ti.
  • Salario fixo + variable, como referencia entre 42 e 46k
  • Conciliación: flexibilidade horaria e posto de traballo nas nosas oficinas de Santiago de Compostela, se queres trasladarte a vivir a esta cidade. Tamén podes traballar en remoto no teu día a día desde outra ubicación.
  • Ambiente de traballo realmente bo, positivo e dinámico.

Como facer a solicitude?

Envía a túa información curricular ou perfil de LinkedIn a empleo@teimas.com co asunto «Director/a de Marketing e Comunicación». Podes incorporar recursos adicionais como motivation letter, vídeos de presentación ou o que consideres que pode reforzar a túa candidatura. Trataremos a información de acordo os regulamentos de protección de datos e salvo indicacións diferentes manterémola almacenada no noso sistema durante un ano.


React.js

27 abr. 2021: Programador/a Web React.js

Poderás fabricar tecnoloxía en beneficio do medio ambiente. Apetéceche o reto?

Buscamos Programador/a con experiencia coa misión de participar no desenvolvemento web das plataformas software as a service de TEIMAS (Santiago de Compostela).

Somos unha empresa líder en tecnoloxía para a sustentabilidade mediante solucións software as a service. Formarás parte dun equipo próximo ás 30 persoas e os teus principais retos poderían ser os seguintes:

  • Evolución das plataformas ZERØ e Teixo.
  • Creación e desenvolvemento de novos proxectos dentro da compañía con tecnoloxías como Blockchain ou Machine learning.
  • Traballar con linguaxes (frameworks) Ruby on Rails, React. js, React Native, Node, diferentes tipos de bases de datos, produtos de explotación de datos, etc.
  • Integrarche nun equipo de 8 desarrolladores traballando con metodoloxías áxiles, testing e integración continua.
  • Compartir experiencias e boas prácticas cun equipo de 8 programadores

Es o noso/a candidato/a se:

  • Coñeces o framework Ruby on Rails e React. js
  • Tes polo menos 2 anos de experiencia en tecnoloxías relacionadas.
  • Tes formación en ciclo ou grao.
  • Queres ter desenvolvemento profesional en TEIMAS: canto máis creza a empresa, máis poderás crecer ti.

Ademais dos retos, por que pode ser atractiva esta posición para ti?

  • Traballarás nunha empresa preocupada pola sustentabilidade, cun grupo de profesionais novo, ilusionado, comprometido.
  • Definiremos contigo as condicións segundo a experiencia e capacidades que teñas, especialmente en Ruby e React.
  • Posto de traballo na oficina de Santiago de Compostela. En período Covid podes elixir entre traballo en oficina ou teletraballo.
  • Acceso a formación relacionada para que poidas acelerar o teu plan de carreira.

Envíanos CV ou perfil de LinkedIn a empleo@teimas.com.