Despoís da excelente acollida entre a poboación galega, Tropaverde comeza a transferirse a outras cidades europeas, entre as que se atopa Guimaraes.

A través da plataforma dixital www.tropaverde.org, talleres formativos e campañas de comunicación, este proxecto promovido en 2015 por Teimas Desenvolvemento premia as accións medioambientalmente responsables co obxectivo de reducir vos residuos e aumentar a reciclaxe entre a cidadanía.

Co apoio do Concello de Santiago de Compostela e ao amparo do programa europeo Urbact, 4 anos máis tarde Tropaverde xa está presente en varios concellos galegos e estase a transferir a outras cidades europeas. Un dous primeiros en presentar a súa adhesión ao proxecto foi Guimaraes, o pasado 14 de outubro de 2019.