Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017. Presentáronse máis de 300 proxectos, dos que 12 foron seleccionados como finalistas e optarán por un investimento de 300.000 €. Falamos do XVIII Campus de Emprendedores de SeedRocket que se celebrará en Madrid do 13 ao 16 denovembro deste ano.

Os mentores do SeedRocket resaltan nesta edición do Campus a gran calidade dos proxectos e a experiencia dos diferentes equipos que compoñen os finalistas e entre os que se atopa Teimas Desenvolvemento.

SeedRocket ofrece un programa de formación, investimento e aceleración para iniciativas tecnolóxicas. Impulsa startups con alto potencial de crecemento e as presenta á súa rede de investidores e mentores. Dende a súa creación en 2008, máis de 170 startups pasaron por SeedRocket e formáronse  máis de 250 emprendedores . 71 startups recibiron a través desta plataforma 58 millóns de euros de investimento. Preto do 20% destas empresas xa se consideran casos de éxito.

Sobre Teimas: Teimas Desenvolvemento é unha empresa especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para o sector da reciclaxe e da xestión de residuos. Entre os seus proxectos atópanse Teixo, software de xestión integral para empresas de xestión de residuos; o portal  Gestoresderesiduos.org, catálogo de xestores e actualidade do sector; a plataforma GaIA de información ambiental da Xunta de Galicia e o proxecto de sensibilización cidadá Tropa VerdeGReTel é a ferramenta desenvolvida por Teimas con a que Telefónica dixitaliza a súa xestión de residuos en 17 países.