Santiago de Compostela.- 24 de xullo de 2017. A Conselleriade Medi Ambient, Agricultura i Pesca de Baleares adxudicou á empresa Teimas Desenvolvemento o servizo dedesenvolvemento dun programa informático no servizo de Residuos: SINGER (Sistema integrado para notificacións e xestións de expedientes)

 

Trátase da segunda plataforma de información ambiental para unha administración que desenvolve Teimas, posto que o TIC foi tamén a encargada en Galicia de desenvolver a plataforma GaIA. Do mesmo xeito que a plataforma galega, SINGER constituirá en Baleares o único punto de acceso para todos os axentes do sector residuos: xestores, produtores,transportistas e organismos de control entre outros. SINGER comunicarase con outros sistemas de información ambiental a nivel estatal e europeo.

 

SINGER facilitará e simplificará ás empresas o cumprimento das súas obrigacións en materia ambiental permitindo o intercambio de información na nova versión3.0 do E3L e achegando novas funcionalidades de tramitación electrónica de información relativa a inscricións e autorizacións de actividades  relacionadas con residuos.

 

SINGER disporá dun módulo de xestión de entidades ambientais, un rexistro de produtores, xestores e transportistas de residuos e un terceiro módulo para a xestión de traslados de residuos.

 

Sobre Teimas: Teimas Desenvolvemento é unha empresa especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para o sector da reciclaxe e a xestión de residuos. Entre os seus proxectos están Teixo, software de xestión integral para empresas xestoras de residuos; o portal Gestoresderesiduos.org,catálogo de xestores e actualidade do sector; a plataforma GaIA de informaciónambiental da Xunta de Galicia e o proxecto de concienciación cidadá Tropa Verde. GReTel é aferramenta desenvolvida por Teimas coa que Telefónica dixitaliza a xestión dosseus residuos en 17 países.